para que o documento de control do transporte interior deixe de ser papel. Desde o 5 de outubro de 2026 só vale en electrónico.
NSEIS xestiona o DeCA da túa empresa de transporte.
Creación, custodia e verificación por QR do Documento electrónico de Control Administrativo de cada expedición, coa facturación ligada ao documento que a xustifica. No ordenador da oficina e no móbil do condutor.
Conforme á Orde FOM/2861/2012 e á Resolución do 5 de xuño de 2026 da Dirección Xeral de Transporte por Estrada e Ferrocarril.
Control Administrativo DeCA·2026·004821
Desde esa data o documento de control do transporte interior e da cabotaxe debe ser necesariamente dixital.
Cargador contractual e transportista efectivo responden cada un da súa copia do documento.
Forquilla de sanción por envío sen documento de control correcto, con risco de inmobilización do vehículo.
O período transitorio fixouno a Lei 9/2025 de Mobilidade Sustentable. Non hai unha fase posterior sen sanción.
A oficina e a estrada, na mesma plataforma
Quen administra e quen conduce non precisan o mesmo nin usan o mesmo dispositivo. NSEIS reconéceo desde o primeiro día.
Na oficina
Ordenador
Prepárase a expedición, emítese o DeCA antes da saída e vese dunha ollada que servizos están documentados e cales non.
- Alta de condutores, vehículos e autorizacións
- Clientes e enderezos habituais gardados para non repetir datos
- Panel co estado documental de toda a flota
- Exportación para auditorías, xestoría ou requirimento administrativo
Na estrada
Móbil
O condutor recibe o documento, amósao na inspección co seu QR e pode crealo el mesmo se a expedición sae sen pasar pola oficina.
- QR de verificación e PDF descargado por se non hai cobertura
- Creación do DeCA en ruta reutilizando rutas anteriores
- Rexistro de cambios durante o servizo sen perder a versión previa
- Histórico dos seus propios servizos sempre accesible
Unha solución adaptada á túa forma de traballar

Autónomos
Crea o DeCA desde o móbil antes de arrincar, coas túas rutas e clientes habituais xa gardados, e ten todos os teus documentos nun só sitio.
Sen depender de ninguén na oficina.
Comezar como autónomo
Transportistas e flotas
Dá acceso aos teus condutores e consulta todos os DeCA desde unha mesma conta, co estado documental de cada expedición antes de que saia o camión.
Máis control e menos chamadas.
Ver como encaixa
Cargadores contractuais
Asegura que cada transporte que encargas a un terceiro sae correctamente documentado, co seu PDF, o seu QR e o seu arquivo dispoñible.
Cada envío, respaldado.
Falar co equipo
Asociacións de transportistas
Ofrece aos teus asociados unha solución xa resolta en lugar de que cada un busque a súa, e controla o cumprimento desde un único panel.
Todos os asociados en marcha á vez.
Solicitar demo para a asociaciónO que resolve NSEIS
Creación do DeCA
Ficheiro electrónico válido xerado antes do inicio efectivo do transporte, con todos os datos que esixe a normativa.
Verificación por QR
O axente escanea e accede ao documento vixente. O condutor non depende de ter boa cobertura nin de atopar o papel correcto.
Custodia e trazabilidade
Data e hora de creación seladas, historial completo de actualizacións e conservación accesible durante o prazo esixible.
Sinatura electrónica simple
Recolle a conformidade de quen carga, conduce ou recibe sen papel nin bolígrafo. O DeCA non esixe sinatura para ser válido, pero deixa constancia de quen aceptou que e cando.
Facturación asociada
Cada liña de factura apunta ao DeCA que a xustifica. Cando un cliente discute un porte, a proba está a un clic.
Multidispositivo
A mesma plataforma en ordenador, tableta e móbil, coa interface adaptada ao que toca facer en cada sitio.
Como crear o DeCA con NSEIS en 4 pasos
A conta configúrase unha soa vez. A partir de aí, cada condutor crea os seus propios documentos desde o móbil reutilizando os datos xa gardados.
Crea a conta e engade os teus condutores
Introdúcense unha soa vez os datos da empresa, os vehículos e as autorizacións. Se traballas con outros condutores, dáslles acceso para que poidan crear os seus propios DeCA.
- Alta en poucos minutos.
- Sen configuración técnica nin instalacións.
Cada un entra co seu usuario
A oficina traballa desde o ordenador e o condutor desde o móbil, coa mesma conta de empresa. Cada persoa ve o que lle corresponde e nada máis.
- Sen instalar aplicacións.
- Un usuario por condutor.
Xera o DeCA antes de saír
Cliente, ruta e vehículo veñen precargados de servizos anteriores, así que o normal é confirmar e non tecrear. O documento convértese en ficheiro electrónico válido antes do inicio do transporte.
- Enderezos e clientes gardados.
- PDF con QR listo ao instante.
Amósao na estrada
O condutor amosa o QR desde o móbil e o axente accede ao documento vixente. Se algo cambia durante o servizo, xérase unha versión nova sen perder a anterior.
- Copia descargada por se non hai cobertura.
- Historial de cambios sempre dispoñible.
Un documento que pode probar a súa propia historia
A normativa esixe rexistrar cando se creou o documento e que se modificou despois. NSEIS gárdao por defecto, sen que ninguén teña que lembrarse.
- Data e hora de creación seladas no momento de emitir
- Historial de actualizacións completo, con autor e motivo do cambio
- Ligazón de verificación estable para o condutor e para a inspección
- Sinatura electrónica simple para deixar constancia da conformidade de cada parte
- Exportación masiva para auditorías, xestoría ou requirimento administrativo
O que pode cambiar a metade do servizo e queda rexistrado:
DeCA, carta de porte e albará non son o mesmo
Mestúranse constantemente, e de aí saen a metade dos erros documentais. Cada un cumpre unha función distinta e ningún substitúe aos outros.
| Documento | Para que serve | Obriga a dixitalización de outubro? |
|---|---|---|
| DeCA | Control administrativo do transporte e presentación ante a inspección. | Si, en transporte interior e cabotaxe desde o 5 de outubro de 2026. |
| Carta de porte | Documenta o contrato de transporte: condicións, prezo cando procede e sinaturas. | Non. É onde pode facer falta sinatura electrónica avanzada ou cualificada. |
| Albará / POD | Acredita a entrega e recepción da mercadoría, coas súas reservas ou rexeitamentos. | Non, aínda que o DeCA pode integrarse nel se recolle todos os datos esixidos. |
| CMR | Documenta o transporte internacional segundo o convenio subscrito por España. | Non. A súa versión electrónica, o eCMR, segue sendo voluntaria. |
NSEIS comeza polo DeCA e a facturación asociada. Esta páxina é informativa e non substitúe o asesoramento xurídico nin a consulta da normativa aplicable a cada caso.
Do documento á factura, sen volver tecrear
Os servizos xa están en NSEIS co seu cliente, a súa ruta e os seus quilómetros. Facturar é agrupar e confirmar, e cada liña queda ligada ao DeCA que a respalda.
O que máis se pregunta
Se fago transporte internacional, preciso o eCMR desde o 5 de outubro?
Non. A obriga dixital é a do DeCA e alcanza ao transporte interior, é dicir, nacional e cabotaxe. O internacional documéntase cos convenios subscritos por España, normalmente a carta de porte CMR, e a súa versión electrónica segue sendo voluntaria.
Hai que asinar o DeCA?
Non. A sinatura non é requisito de validez do documento de control administrativo. NSEIS incorpora sinatura electrónica simple para que poidas deixar constancia da conformidade das partes se che interesa, pero o documento é válido sen ela. Distinto é o caso da carta de porte ou outros documentos contractuais, onde pode esixirse sinatura avanzada ou cualificada.
Existe un período de graza sen sancións?
O período transitorio é o que fixou a Lei 9/2025 de Mobilidade Sustentable, e vence o 5 de outubro de 2026. Non está prevista ningunha fase posterior sen sanción.
A quen obriga o DeCA?
Ao cargador contractual e ao transportista efectivo, cada un respecto da súa copia. Nun contrato de transporte continuado emítese un documento por cada envío, non un por contrato.
Xa emitimos albarás con todos os datos. Valen?
Poden valer, sempre que o documento incorpore toda a información esixida e se materialice nun ficheiro electrónico válido antes do inicio do servizo. NSEIS pode integrar o DeCA no voso albará ou carta de porte en lugar de sumar un documento máis.
Que precisa a asociación para comezar?
A listaxe de asociados coas súas autorizacións e vehículos. Nós facemos a carga inicial e formamos a quen vaia xestionar o panel. Os transportistas só precisan o seu móbil.
Como ten que ser o PDF do DeCA?
Un PDF nativo dixital, xerado a partir dos datos e non escaneado nin fotografado, cos seus metadatos de creación e modificación, e cun código QR que descargue o documento desde un URL seguro. NSEIS xérao así por defecto.
Hai que rexistrar os DeCA no Ministerio ou certificar a aplicación?
Non hai que subilos a ningún rexistro previo nin certificar a aplicación que os xera. O que si hai que garantir é que o documento cumpra os requisitos técnicos e estea dispoñible para unha inspección.
Canto tempo hai que conservar o documento?
O cargador contractual e o transportista efectivo deben conservalo durante o prazo que fixa a normativa, con independencia de que a descarga pública por QR poida pecharse unha vez rematado o servizo. En NSEIS o arquivo queda accesible e exportable.
Que erros acaban en sanción?
Saír sen documento, que lle falten datos esenciais, presentar un escaneo ou unha foto en vez dun ficheiro electrónico válido, amosar unha versión que xa non é a vixente, ou que o QR non descargue o PDF. A sanción depende do incumprimento concreto.
E con mercadorías perigosas?
O documento de transporte do capítulo 5.4 do ADR e o documento de control administrativo son dúas obrigas distintas, con datos distintos. Poden levarse por separado, sendo o DeCA electrónico, ou agruparse nun mesmo documento.
Todo o que hai que saber antes do 5 de outubro
Explicamos a obriga enteira, sen tecnicismos e coas fontes oficiais á man. Son as dúbidas que nos chegan cada semana.
Cóntanos como traballades
Dinos se es asociación, empresa de transporte ou autónomo e cantas expedicións moves ao mes. Respondémosche cunha proposta axustada, sen compromiso.
Tamén podes escribirnos directamente a info@nseis.es, ou chamarnos a calquera das nosas oficinas do Porriño, Santiago e Ourense.
Chegade ao 5 de outubro co traballo feito
Amosámosvos a plataforma cun caso real da vosa asociación e dicímosvos que faría falta para poñer a todos os asociados en marcha.